O Partido Popular denuncia a política de "acumular cartos" e non pagar aos proveedores de CA
Ao remate do exercicio de 2017, esa cantidade non chegaba aos dous millóns de euros e si a comparamos co ano 2014 a cifra que garda Compostela Aberta “parece estremecedora”, xa que a finais do 2014 so había en dita conta uns 150.000 euros
O Grupo Municipal Partido Popular denunciou o venres que o Goberno de Compostela Aberta segue “coa súa política de acumular cartos nas contas e de deixar sen pagar aos pequenos provedores”, cuestión esta que está a afectar a autónomos e pequenas empresas.
Fronte a “verborrea ornamentaria da defensa das xentes do común da que fai gala o Goberno de Martiño Noriega”, os feitos falan por si sos e calquera pode comprobar como, ano tras ano, os dirixentes de Compostela Aberta deixan de aboar as facturas aos pequenos traballadores, para, “sen causa xustificable”, manter “os cartos nun caixón”.
Neste momento e tendo en conta a execución do cuarto trimestre do 2018, a finais do pasado exercicio o Executivo de CA tiña gardados na conta 413, é dicir, na que se reflexan facturas sen contabilizar, 7,3 millóns de euros, unha cantidade moi “chamativa”, posto que resulta ser “claramente superior” á de pasados anos.
Concretamente, ao remate do exercicio de 2017, esa cantidade non chegaba aos dous millóns de euros (era de 1,89 millóns) e si a comparamos co ano 2014 a cifra que garda Compostela Aberta “parece estremecedora”, posto que a finais do ano 2014 so se mantiñan en dita conta uns 150.000 euros.
Outra das situación que ofrecen estes datos facilitados ao Ministerio de Hacienda polo Concello e que chama á atención do Grupo que dirixe Agustín Hernández e para a que segue sen atopar explicacións por parte do equipo de Compostela Aberta é que tendo no banco 47 millóns de euros en 2018, deixaran pendente de pago a provedores máis de 28,5 millóns, algo que o Grupo Popular considera “incalificable e fóra de toda lóxica”.