miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece calcinado en Ponteareas ao arder a caseta onde residía

Falece calcinado en Ponteareas ao arder a caseta onde residía
Foto de arquivo
Falece calcinado en Ponteareas ao arder a caseta onde residía

Sucedeu sobre as 00:45 horas na Costa de Sequeiros, en Guláns

Un home faleceu esta madrugada en Ponteareas despois de incendiarse o caseto onde residía. Segundo se lle informou ao 112 Galicia tratábase dunha caseta acondicionada como vivenda.

Ao fío das 00:45 horas desta madrugada unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que ardía unha caseta cunha persoa no seu interior, na Costa de Sequeiros, en Guláns, no concello de Ponteareas. Tamén, a esa mesma hora, persoal sanitario informaba do mesmo suceso.

Foi a partir de aí, cando axiña se alertou aos membros do GES-SPEIS de Ponteareas, que decontado se desprazaron ao punto. Informouse, ademais, aos Bombeiros de Vigo, Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Extinguido o incendio, os Bombeiros de Ponteareas confirmaron que ardeu a caseta na súa totalidade, na cal se encontraba o home completamente calcinado. Así mesmo, efectivos de Protección Civil informaron que outras dúas persoas tiveron que ser atendidas no mesmo punto polo persoal sanitario ao sufrir unha crise de ansiedade.

Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o incendio.

Comentarios
Lo más