Oroso reforma o campo de fútbol de Villaromariz
“Seguimos coa mellora de todas as infraestruturas a disposición dos veciños e veciñas”, sostén Manuel Mirás
O Concello de Oroso, liderado por Manuel Mirás, rematou a reforma do campo de fútbol ubicado na parroquia de Villaromariz.
Durante os últimos meses, instalouse novo céspede natural e se reformaron os vestiarios dunhas instalacións que normalmente son utilizadas para os torneos de veteranos da comarca. O alcalde e o concelleiro de Deportes, Luis Rey, visitaron o campo para ver o resultado dos traballos.
“Seguimos coa mellora de todas as infraestruturas a disposición dos veciños e veciñas; durante anos puxemos en marcha instalacións que agora toca modernizar para que sigan en boas condicións, pronto faremos tamén reformas no campo de fútbol de Deixebre”, sostén Manuel Mirás
“Todos os servizos e espazos públicos que existen no Concello de Oroso teñen que ser aproveitados pola cidadanía, polo que estamos dispostos a investir na súa reforma”, engade Mirás.
A práctica deportiva é unha das prioridades do grupo de goberno de Oroso, que programa cada ano numerosas actividades celebra en xuño unha gala na que recoñece o traballo dos diferentes clubes e asociación do eido do deporte.