miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Helena Gómez e David Obelleiro son os gañadores dos Premios Literarios Minerva

Helena Gómez e David Obelleiro son os gañadores dos  Premios Literarios Minerva
Helena Gómez e David Obelleiro son os gañadores dos Premios Literarios Minerva

As súas obras ‘Realidade’ e ‘Poemas baldeiros para un mundo nihilista’ sorprenderon ós dez membros do xurado

O xurado dos Premios Literarios Minerva, organizados polo Colexio M. Peleteiro, reuniuse o pasado xoves, día 28 de febrero, para ditar o fallo da edición número corenta e sete dos recoñecidos galardóns (membros do xurado ao final deste documento).

O certame recolleu un total de 132 traballos. Os alumnos de 3o, 4o da ESO e Bacharelato de Galicia tiveron a oportunidade de presentar os seus textos ata o 25 de xaneiro, coa condición de que foran orixinais, inéditos e por suposto, en galego, xa que con este certame trátase de contribuír ao fomento do uso da lingua no ámbito educativo e a impulsar a literatura entre os mozos.

O xurado destacou a calidade das obras poéticas, o que semella garantir o futuro da poesía galega. Do mesmo xeito, quedou sorprendido da gran variedade, tanto nas temáticas coma no estilo, dos relatos. Considerou de xeito positivo a representatividade das diversas liñas creativas entre todas as obras presentadas, que abren un futuro esperanzador para as nosas letras. “Agardamos que, como xa vén sendo habitual, moitos destes autores sexan recoñecidos nun futuro próximo no panorama literario galego, sumándose á ampla relación de autores hoxe consagrados que comezaron a súa traxectoria nos Premios Minerva, como Xesús Rábade, Darío X. Cabana, Suso de Toro, Xavier Queipo, Neira Cruz, Rafa Villar, Rei Ballesteros...”, sinalou a secretaria do certame e profesora do Colexio Teresa González da Silva.

Comentarios
Lo más