miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Mónica Montero e Pura Villar traerán hoxe ao Lustres Rivas unha nova exposición titulada "O fío de Ariadna"

Mónica Montero e Pura Villar traerán hoxe ao Lustres Rivas unha nova exposición titulada "O fío de Ariadna"
Foto de arquivo
Mónica Montero e Pura Villar traerán hoxe ao Lustres Rivas unha nova exposición titulada "O fío de Ariadna"

O acto inaugural terá lugar hoxe sábado 2 de marzo ás 20 horas nun evento que incluirá a performance de Vane Bolboretiña e a percusión da Costa Oeste africana de Lobo

Do 2 ao 31 de marzo, o Centro Cultural Lustres Rivas dará cabida a unha nova exposición. Trátase de “O Fío de Ariadna”, de Mónica Montero e Pura Villar.

O acto inaugural terá lugar hoxe sábado 2 de marzo ás 20 horas nun evento que incluirá a performance de Vane Bolboretiña e a percusión da Costa Oeste africana de Lobo. Estará aberta de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.

Texto do folleto:

Os mitos constrúen a nosa realidade. Explican o que somos e a nosa visión do mundo . O seu valor simbólico permítenos volver a el unha e outra vez e abordalo desde diferentes perspectivas. Na nosa lectura do mito, Ariadna non se conforma con esperar a Teseo senón que penetra ela mesma ao centro do labirinto, enfrontándose ao minotauro, ao monstruoso, á sombra, á nosa verdadeira identidade, libre, por fin, de prexuízos de xénero. O labirinto é o territorio do descoñecido, o oculto, a parte máis escura e real do que somos. Nós mesmas ou o que iso signifique. Pero o labirinto tamén simboliza o peso da cultura e da historia. 

Os condicionamentos que as mulleres veñen padecendo ao longo dos séculos. Para chegar a ese centro desexado, ”á esencia do que somos”, temos que atravesar moitas capas, investigar e arrastrar a lousa do patriarcado, desenterrando a tantas e tantas mulleres anónimas e invisibles. É o que nos toca neste momento da historia: rescatar do esquecemento a moitas mulleres, tirar do fío ata atopar a nosa verdadeira identidade neste labirinto histórico e cultural froito dun patriarcado secular. Iso é precisamente o que nós intentamos facer con esta mostra conxunta. Tirar do fío para chegar ao centro. Non queremos saír, senón entrar nel, chegar ao SELF, a esencia do que somos a través da arte. A nosa identidade como mulleres e como artistas está aí, nesa procura constante.

Non se entende un camiño sen o outro. A vida e a arte son o reverso e o anverso. As dúas caras dunha mesma moeda. A complexidade do mito de Ariadna serve como punto de partida para reflexionar sobre diversos aspectos da nosa vida como mulleres.O fío de Ariadna tamén é o condutor das nosas traxectorias artísticas e estilos diverxentes ata ese centro que nos une: a necesidade de expresarnos plasticamente, de berrar como Melusina, de dialogar co mito, buscar os seus referentes básicos e relelos desde o punto de vista das mulleres, nun intento de satisfacer a nosa necesidade de achar respostas.

O azar obxectivo, convertido en fío de Ariadna, atopou neste labirinto a forza expresiva da danza e da música de Vane Bolboretiña que completa e enriquece este proxecto. Con esta declaración de intencións, non hai mes mellor que o de marzo para amosar este traballo. 

Di a lenda que un fío vermello invisible conecta a aqueles e aquelas que están destinados a atoparse.

As deusas, xunto con Ariadna, ataron desta vez o destino de tres mulleres: unha muller-terra, Pura Villar; unha muller-auga, Mónica Montero e unha muller-aire; Vane Bolboretiña. 

Deste encontro naceu o cuarto elemento: o lume creativo e alquímico.

A expresión artística é o lume transformador: a linguaxe plástica, musical e corporal unidas con fío vermello .

Tres mulleres que navegan os seus labirintos existenciais na procura do centro.Xuntas, percorren océanos descoñecidos como a Penélope de Xohana Torres. Seguen o fío dun “novelo” que as conduce a paisaxes nunca

Comentarios
Lo más