miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Inglés, caretas de entroido, web series e unha viaxe gratis a Manzaneda: propostas para marzo no Espazo Xuvenil de Ribeira

Inglés, caretas de entroido, web series e unha viaxe gratis a Manzaneda: propostas para marzo no Espazo Xuvenil de Ribeira
Inglés, caretas de entroido, web series e unha viaxe gratis a Manzaneda: propostas para marzo no Espazo Xuvenil de Ribeira

Propostas formativas para a mocidade de entre 14 e 19 anos

O Espazo Xuvenil de Riveira trae á mocidade de entre 14 e 19 anos tres propostas formativas e unha viaxe para este mes de marzo.

Así, o sábado 2 de marzo a partir das 17 horas haberá un obradoiro de caretas con motivo da celebración do Entroido. Ademais, todos os venres de 18 a 20 horas proseguirá o curso “Inglés sen vergonza”, que o 16 de marzo traerá unha proxección dunha película en versión orixinal.

Tamén continúa a actividade “Cámara e micro abertos para facer as nosas novas! E obradoiro de creación de web series...”, unha actividade que ten lugar todos os venres, sábados e domingos e inclúe a gravación dunha web serie.

E por último, do 15 ao 17 de marzo haberá unha viaxe gratis á estación de esquí de Cabeza de Manzaneda destinado a rapaces de 13 a 17 anos que inclúe aloxamento, pensión completa, equipo e curso de esquí. Os asistentes ao Espazo Xuvenil poden recoller un ticket aventura no Espazo Xuvenil para ter preferencia na reserva. Información e inscricións: xuventude@riveira.com / 981 835 289. As prazas son limitadas.

Cambio ao primeiro andar

Ao fío desta iniciativa cómpre informar de que a medidados de marzo o Espazo Xuvenil baixará unha planta ata o primeiro andar do mercado municipal, unha se firmou esta semana o contrato para crear unha Escola de Hostalería na planta segunda onde estaba ubicado.

Comentarios
Lo más