miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Localizan o corpo sen vida dun home que levaba varias semanas morto en Cospeito

Localizan o corpo sen vida dun home que levaba varias semanas morto en Cospeito
Localizan o corpo sen vida dun home que levaba varias semanas morto en Cospeito

Os axentes de seguridade deron co falecido no interior da súa vivenda e foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo atrapado entre a primeira planta e o baixo.

Un sexaxenario veciño de Cospeito foi localizado esta madruga sen vida despois de varias semanas sen saber nada del.

Os axentes de seguridade deron co falecido no interior da súa vivenda e foi necesaria a intervención dos bombeiros para liberar o corpo atrapado entre a primeira planta e o baixo.

Foi un coñecido do falecido quen se puxo en contacto co 112 Galicia pasadas as dez da noite de onte para dar conta da súa desaparición. Explicou que adoitaba a traballar cortando leña para os veciños e que levaban máis de tres semanas sen noticias del. 

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou á Garda Civil e consultou cos servizos sanitarios a posibilidade de que fose atendido ou mesmo trasladado a algún centro hospitalario. 

Descartada esta opción, os axentes acudiron ao domicilio, situado no lugar da Cal, onde atoparon o corpo sen vida do veciño e nunha posición de difícil acceso. Por iso, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Vilalba para liberar o corpo.

De momento, as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso, aínda que, se ben é certo que a casa atopábase en estado ruinoso e o piso de madeira que dividía a primeira da planta baixa presentaba moitas deficiencias.

Comentarios
Lo más