miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Chegan as nubes durante esta tarde en Compostela

Chegan as nubes durante esta tarde en Compostela
Chegan as nubes durante esta tarde en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima ata os 16ºC

O venres Galicia quedará cun réxime de ventos do suroeste que aportarán moita humidade e achegarán polo oeste unha fronte pouco activa. 

Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con bancos de néboa no interior. 

As nubes irán en aumento co avance do día, con chuvias que comezarán a partir do mediodía na metade oeste. 

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima ata os 16ºC.

O vento soprará do suroeste, frouxos en xeral, con intervalos de moderado entre Bares e Fisterra..

Comentarios
Lo más