Ribeira abre un curso de poda frutais
06:30 01/03/19
06:30 01/03/19
As clases terán lugar os días 7 e 14 de marzo en horario de 16:00 a 19:00 horas
Organizado polo Concelo, dende hoxe venres 1 de marzo ás 10:00 horas ata o 4 deste mesmo mes estará aberta a inscrición para un curso gratuíto de poda de frutais que se desenvolverá no Centro Social de Oleiros.
As clases terán lugar os días 7 e 14 de marzo en horario de 16:00 a 19:00 horas. Están destinados a persoas maiores de 18 anos e o número máximo de participantes son 25.
Os interesados poden anotarse na páxina web www.riveira.gal. Terán prioridade os empadroados no concello de Riveira