Os populares de Ames cuestionan a construcción dun novo comedor do CEIP A Maía sen contar con orzamentos para 2019
Segundo transmiten os populares, os orzamentos aínda non foron presentados á oposición nin levados á comisión informativa e consideran que é unha cuestión que "tardará moitos meses en poderse materializarse"
Os populares de Ames denuncian a "farsa" do Goberno de Ames co seu "fiel escudeiro" Ames Novo co acordo dos orzamentos para este 2019.
"Se nos orzamentos anteriores un dos acordos estrela foi o de recuperar a xestión do Ciclo Integral de Augas, tamén incumprido; nesta nova farsa o tema estrela parece ser a construción dun novo comedor no CEIP da Maía. Unha infraestrutura que, segundo afirman, contará cun orzamento de 454.000 euros e cuxa execución será inmediata", aseguran os de Ramón Argibay.
Segundo transmiten os populares, os orzamentos aínda non foron presentados á oposición nin levados á comisión informativa e consideran que é unha cuestión que "tardará moitos meses en poderse materializarse e que están utilizando dun xeito inmoral e quizá para intentar esquecer que neste mandato, por primeira vez, quedaron rapaces fora dos sistemas de conciliación".
Remata o Partido Popular considera que esta negociación deixou de lado ao propio PP e a PxA, que teñen unha representación do 38,45% dos votos.