miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Festa de Disfraces dos nenos da gardería municipal abre as celebracións do Entroido en Brión

A Festa de Disfraces dos nenos da gardería municipal abre as celebracións do Entroido en Brión
A Festa de Disfraces dos nenos da gardería municipal abre as celebracións do Entroido en Brión

Hoxe venres continuarán co IX Concerto de Entroido da Escola Municipal de Música Magariños, ás 18:00 horas no polivalente


Máis dun cento de veciños e veciñas desfrutaron onte da tradicional festa de Entroido dos meniños e meniñas da gardería municipal de Brión, que desfilaron en dúas quendas: primeiro os menores de 2 anos e acto seguido os “maiores”, de 2 a 3 anos. Uns desfiles aos que asistiu o alcalde de Brión, José Luís García.

Todos os pequenos e pequenas desfilaron con traxes feitos con materiais reciclables e que foron elaborados durante a pasada semana por eles mesmos coa axuda dos seus mestres e a colaboración dalgúns pais e nais. Cada grupo fixo o seu desfile diante dos seus pais, nais, avós... dando sempre un par de voltas. Despois, a festa rematou cun gran baile de Entroido no que participaron tanto os pequenos como os maiores.

PROGRAMA DE ENTROIDO

Este desfile da gardería municipal abre o programa de festexos de Entroido en Brión. Hoxe venres 1 de marzo, ás 18:00 horas, o alumnado da Escola Municipal de Música Magariños ofrecerá o seu tradicional Concerto de Entroido, que este ano chega á súa novena edición. Será no centro social polivalente, con entrada libre e de balde.

Para o próximo domingo 10 de marzo queda o gran Concurso de Disfraces de Entroido do Concello de Brión que repartirá 2.750 euros en premios e que, un ano máis, será o encargado de pechar as celebracións na contorna. As inscricións estarán abertas ata o próximo 7 de marzo na Casa da Cultura de Brión. O concurso estará amenizado pola charanga Os Celtas de Negreira mentres que, ao remate do certame, terá lugar un Baile de Disfraces coa orquestra Gran Parada.

Comentarios
Lo más