Bascuas coñece de cerca a problemática da Banda Municipal de Música
Dende Compromiso ven con preocupación que dende o último encontro nada mudou respecto a cubrir as distintas baixas ou o nomeamento dun director titular
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso nas vindeiras eleccións municipais, mantivo un encontro coa Asociación de Amigos da Banda Municipal de Música para saber como siguen as problemáticas dentro da mesma.
Dende Compromiso ven con preocupación que dende o último encontro nada mudou respecto a cubrir as distintas baixas ou o nomeamento dun director titular.
Os galeguistas lembran que a Banda foi declarada como servizo prioritario e pide unha solución a esta anomalía que se está a prolongar no tempo.
Bascuas reclámalle ao Concello que remate con esta situación preocupante de contratos en precario e sen sacar as prazas a concurso, “e mesmo non semella moi regular que un servizo declarado prioritario bote tanto tempo mal, cubrindo a praza de director co subdirector, por non falar da precariedade laboral doutros postos da Banda”.