miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os colexios de Ames celebran estes días o Entroido

Os colexios de Ames celebran estes días o Entroido
Foto de arquivo
Os colexios de Ames celebran estes días o Entroido

Facemos un repaso polas actividades de varios deles

Os colexios do Concello de Ames celebran esta semana o Entroido. Disfraces, bailes, coreografías e nenos cheos de ilusión terán o protagonismo estes días. 

CEIP Agro do Muíño

O Entroido neste colexio sempre está en relación  ao proxecto anual que teñen. Este ano é sobre os contos e cada aula elixiu personaxes de contos para representar. A maior parte dos disfraces están feitos nas aulas. Cada nivel ensaia unha coreografía relacionada con ese conto que elixiron e represéntana mañá venres día 1. Hai xornada de portas abertas para que os pais poidan acudir a ver aos nenos e nenas en horario de 12:00 horas a 13:40 horas. Primeiro hai un desfile e despois, no centro do patio, fan a coreografía que teñen ensaiada.

Ademáis pola tarde, os nenos de 6º organizan a súa festa de Entroido pola tarde para poder recadar cartos para a excursión. Terán sorteos, comida, chocolate...

CEIP A Maía

Neste caso xa levan toda a semana cos mandados do Meco. O venres terá lugar un baile para o alumnado con temática libre para o disfraz a partir das 12:00 horas. Trátase dunha actividade exclusiva para o alumnado.

CEP Ventín

Neste colexio tamén traballan co proxecto anual de centro que este ano son os contos. Polo que os disfraces xirarán entorno a esta temática. Ademáis celebran o seu Entroido no Pavillón Municipal do Milladoiro hoxe xoves 28 a partir das 11:30 horas.

Escola Infantil A Magdalena

Os nenos e nenas de Magdalena tamén levan toda a semana cos mandados do Meco, levando cada día unha cousa que é acumulativa. E o venres 1 van realizar un defile na praza, saen todas as clases e todas as profesoras. Este ano, a temática do Entroido é de fenómenos atmosféricos. Os nenos e nenas da escola fixeron os seus disfraces axudados polos pais e nais que acudiron a talleres para rematalos.

O venres pola tarde terá lugar unha festa-merenda para todas as familias dos nenos e nenas. Ademáis o luns e o martes tamén será lúdico para os pequenos xa que poderán acudir á escola disfrazados, con temática libre, e terán varias actividades como sesión de maquillaxe.

Escola Infantil O Bosque

Ao longo de toda esta semana, esta escola estivo facendo talleres nas aulas con cada grupo de idade sobre un tema común: os distintos medios de transporte e o persoal que os leva (policías, bombeiros, protección civil...). Os nenos e nenas da escola estiveron aprendendo os sinais de tráfico e as normas de circulación. Estiveron elaborando disfraces relacionados co tema e hoxe teñen unha pequena festa de Entroido na que saen con todos os traxes nun pequeno circuito no que se fan fotos. É unha maneira de visualizar o traballo de toda a semana, ademáis os pequenos e pequenas hoxe irán disfrazados para as súas casas.

Ademáis, mañá pola tarde terá lugar unha merenda de disfraces con todas as familias as 16:30 horas.

CEIP Barouta

O Entroido deste colexio xirará entorno a unha obra de teatro que vai representar mañá o alumnado. A obra trata sobre o medio ambiente. Os alumnos de infantil irán disfrazados abellas, velutinas, Protección Civil e 112. E os alumnos de primaria irán disfrazados de árbores, leñadores, plantadores, excursionistas...

Comentarios
Lo más