Ceos anubrados nun día de transición na cidade
08:00 28/02/19
08:00 28/02/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima chegara aos 17ºC
O xoves recuperaremos a influencia anticiclónica con pouco vento de compoñente sur.
Con isto, teremos unha xornada de tempo seco na que amenceremos con néboas no interior, que se irán desfacendo, deixando unha tarde de ceos con nubes altas.
As temperaturas mínimas descenderán moderadamente, mentres que as máximas quedarán sen cambios ou experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 9ºC e a máxima chegara aos 17ºC.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.