miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Oroso presenta a súa programación de Entroido con diversas actividades

Oroso presenta a súa programación de Entroido con diversas actividades
Oroso presenta a súa programación de Entroido con diversas actividades

Oroso celebrará unha nova edición do concurso de receitas ‘En galego sabe mellor’, dirixido a maiores de 16 anos, e dous obradoiros de rosquiñas e cupcakes de Entroido

O Concello de Oroso ten este ano una ampla programación de Entroido, con numerosas actividades para todas as idades e o prato forte do tradicional concurso de disfraces.

O sábado, 2 de marzo, as comparsas participantes sairán ás 17:30 horas do pavillón de deportes e farán un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O concello repartirá máis de 3.000 euros en premios para as mellores comparsas en categoría Adultos e Infantil. Haberá ata a noite actividades de animación, inchables, premios, música e moita diversión.

Á marxe desta actividade, Oroso celebrará unha nova edición do concurso de receitas ‘En galego sabe mellor’, dirixido a maiores de 16 anos, e dous obradoiros de rosquiñas e cupcakes de Entroido.

“Como cada ano, os veciños e veciñas teñen gañas de Entroido, polo que desde o concello programamos actividades que satisfagan a todas as idades, coa referencia do gran desfile do sábado pola tarde”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

A programación do Entroido inclúe un concurso de máscaras, no que tamén haberá premios para os mellores; o Festival do CRA o venres 1 de marzo, o concerto Combos da Escola de Música, e actividades de animación á lectura para os máis pequenos.

O luns 4 de marzo, ás 19.00 horas no centro cultural, chegará o turno da festa de disfraces, cun discomóbil para nenos e nenas con dj, mascota e obradoiro de maquillaxe. Os asistentes poden colaborar levando filloas, orellas e outros productos típicos de Entroido.

Comentarios
Lo más