O SERGAS amosan a súa disconformidade co estudo das demandas dos usuarios e profesionais sobre o servizo de rehabilitación
O Xefe do servizo, Jesús Figueroa, destaca tamén que “temos a mellor rede galega de rehabilitación en atención primaria e participamos activamente na unidade de alxias muscoesqueléticas que supuxo un cambio espectacular na xestión do paciente con esta dor na nosa EOXI”
O Servizo de Rehabilitación e Medicina Física da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago ten unha demora actual de 27,5 días de espera media, "os mellores datos de toda Galicia tanto en consultas médicas como en tratamentos de fisioterapia", aseguran dende o SERGAS.
Nos últimos tempos creáronse unidades de solo pelviano no CHUS e Barbanza, participan na unidade multidisciplinar de rehabilitación cardíaca e dispoñen dunha unidade de rehabilitación intervencionista de recoñecemento a nivel nacional e onde veñen a formarse facultativos doutros hospitais.
O Xefe do servizo, Jesús Figueroa, destaca tamén que “temos a mellor rede galega de rehabilitación en atención primaria e participamos activamente na unidade de alxias muscoesqueléticas que supuxo un cambio espectacular na xestión do paciente con esta dor na nosa EOXI”. Asemade “participamos no desenvolvemento da atención integral do paciente con ELA, primeiro hospital galego que o puxo en marcha”.
Con respecto ás demandas feitas públicas onte, o doutor Figueroa di que “dende o servizo de rehabilitación e medicina física do CHUS queremos manifestar a nosa absoluta disconformidade con algunhas das conclusións dun documento que carece do rigor que se lle debe esixir e nos gustaría facer unha serie de puntualizacións”:
- Demanda de máis fisioterapeutas. No CHUS xa hai actualmente 6 fisioterapeutas, que é precisamente o que demanda o documento, non 4, como expón.
- Con respecto a tratamento rehabilitador para pacientes amputados que propoñen no documento, segundo o doutor Figueroa “carece de rigor científico”, pois “tanto a necesidade do tratamento rehabilitador como o número de sesións non poden vir impostas ao depender de múltiples factores: nivel de amputación, idade do paciente, situación funcional previa... Para elo existen médicos expertos en ortoprótese e na rehabilitación do paciente amputado que definen o programa de rehabilitación segundo as necesidades de cada doente”. “Lamentamos moito que os que fan ditas afirmación nos equiparen a máquinas expendedoras de vales de 6 semanas e 8 semanas”.
- Sobre a creación de postos de traballo de neurorrehabilitadores para pacientes con epilepsia, nos últimos 20 anos non se ten recibido ningunha consulta solicitando tratamento rehabilitador da epilepsia. “Parece pouco razoable, polo tanto a demanda “, asegura o doutor Figueroa. “Evidentemente calquera paciente cunha epilepsia pode ter un proceso intercurrente (fractura, dor ...) que requira tratamento rehabilitador como ocorre coa poboación xeral pero non como tratamento rehabilitador da epilepsia en si”, aclara.
- Demandan a figura do responsable do caso. Xa todo paciente ten un médico rehabilitador asignado e un fisioterapeuta de referencia que son sempre os mesmos, e que realizan a continuidade asistencial.
- Piden facer públicas as listas de espera. Nestes sentido, as listas de espera son públicas e rexistra os mellores datos de toda Galicia, tanto en espera de consulta médica como en tempo medio de espera de fisioterapia.
Tamén compre aclarar que non se derivou ningún paciente a centros privados nin concertados.
- Integrar a asistencia fisioterapéutica en atención primaria. A EOXI de Santiago conta co Servizo de Rehabilitación que máis presencia ten en primaria. Actualmente existe unha excelente cobertura asistencial no ámbito da atención primaria. Hai 13 unidades periféricas de fisioterapia distribuídas en áreas estratéxicas en función da demanda. Amais, 3 facultativos de hospital desprázanse semanalmente aos centros de saúde de Lalín e A Estrada para mellorar máis dita cobertura.
- Habilitar 3 unidades de linfedema. A EOXI conta cunha unidade de linfedema que dá cobertura sobre todo a mulleres postmastectomizadas constituída por 2 médicos rehabilitadores a tempo parcial e un fisioterapeuta e tempo completo, sen demoras. Nos últimos anos afortunadamente se ven producindo unha redución significativa de novos casos de linfedema relacionada coa xeneralización da biopsia do ganglio centinela.
- Dotación dun posto de psicomotricidade. En España non existe un recoñecemento oficial da profesión de pisocomotricista e, polo tanto non está incluída no Catálogo nacional de Cualificaciones Profesionales.
“Estos son algúns exemplos das inexactitudes e falta de rigor do documento”.. Lamenta que un documento que podería aportar luces, melloras e propostas de liñas de traballo no proceso de rehabilitación do paciente con discapacidade, presente fata de rigor demoitos datos aportados nas conclusións do documento. Así conclúe o doutor Figueroa.
Tamén recorda que o servizo continúa traballando intensamente na adecuación de áreas que veñen rexistrando aumento de demanda para darlle a mellor resposta.