miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Denuncian o estado do acceso ao campo de fútbol da Colexiata de Sar

Denuncian o estado do acceso ao campo de fútbol da Colexiata de Sar
Denuncian o estado do acceso ao campo de fútbol da Colexiata de Sar

A súa situación fora obxecto dun rogo do Partido Popular no Pleno municipal do pasado mes de novembro

O vial de acceso ao campo de fútbol da Colexiata de Sar, que se inicia nas proximidades do paso inferior da rúa de Sar e se estende en paralelo á vía ferroviaria nunha lonxitude duns 150 metros, leva varios meses inzado de silvas por ambos lados na maior parte da calzada. 

A súa situación fora obxecto dun rogo do Partido Popular no Pleno municipal do pasado mes de novembro, no que o Goberno de Compostela Aberta anunciara a intención de proceder á súa limpeza “na semana que vén”.

A vía, cunha estreiteza que impide o paso simultáneo de dous automóbiles e carente de saída, ten os dos seus laterais sinalado con marcas para regular o aparcamento, aínda que esta utilidade se ve dificultada pola abundante vexetación que á súa vez invade parte da zona deportiva e complica o tránsito cara ao campo de fútbol e tamén a manobra de retroceso cando o portalón de acceso á instalación se atopa pechado.

A demanda do Grupo Municipal do Partido Popular, que agora se reitera, referíase non só á necesidade de actuar no ámbito da propia calzada, senón tamén nas marxes, incluída a lindante coa infraestrutura ferroviaria do ADIF.

Por outra parte, os Populares demandan tamén unha maior atención á renovada Rúa de Quiroga Palacios, na contorna do Seminario Menor, onde a falta de mantemento está a ocasionar que a maleza ince nun dos seus laterais e se achegue á propia calzada. 

Comentarios
Lo más