miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bascuas visita aos membros da Asociación Veciñal O Viso

Bascuas visita aos membros da Asociación Veciñal O Viso
Bascuas visita aos membros da Asociación Veciñal O Viso

Compromiso acompañou á veciñanza polas zonas máis afectadas polos asolagamentos

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e membros da Asociación veciñal O Viso fixeron un roteiro polo barrio, no que trataron as demandas, inquedanzas e distintas problemáticas que está a sufrir a veciñanza. Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual das dintintas problemáticas. 

Entre os problemas máis relevantes, destacan os do asolagamento que se produce cada vez que chove pola falta da correcta filtración e canalización das distintas baixadas de auga dende a Cidade da Cultura e da AP-9, que fai que resulte intransitable unha das entradas ao barrio, deixando aillada a veciñanza.

Tamén apuntan desde a directiva veciñal os problemas de mobilidade e de tráfico, debido a proximidade do Multiusos Fontes do Sar, xa que nos días de partido faise complicada a entrada e saída do barrio. E esta situación complícase agora coa saída da AP-9 cara ao centro da cidade, así como o asfaltado da pista que une o barrio con San Lázaro.

Outra das problemáticas que se atopa no barrio e a falta de paradas do autobús urbán, así como as construción dun parque infantil na entrada do barrio ao carón das pistas de tenis e de padel nunha finca de titularidade municipal.

Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e apoia as reivindicacións que fan dende a AVV O Viso xa que as maioría delas son de fácil solución e un pouco de vontade política.

Comentarios
Lo más