miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rescatan a unha persoa ao quedar atrapada no seu vehículo nas Pontes de García Rodríguez

Rescatan a unha persoa ao quedar atrapada no seu vehículo nas Pontes de García Rodríguez
Rescatan a unha persoa ao quedar atrapada no seu vehículo nas Pontes de García Rodríguez

Os Bombeiros confirmaron a excarceración da persoa ferida, que tras ser liberada, foi trasladada polo 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia

Unha persoa foi excarcerada esta mañá ao quedar atrapada no interior do vehículo no que viaxaba.

O accidente, no que se viron implicados dous turismos, ocorreu pasados uns minutos das 07:15 horas, na AC-142, na entrada do parque empresarial de Penapurreira, no concello coruñés de As Pontes de García Rodríguez.

A esa hora, un particular informaba ao 112 Galicia de dous coches accidentados no punto indicado, indicaba que un deles estaba envorcado e cunha persoa no seu interior. Neses intres, tamén a Policía Local informaba do sinistro ao 112 Galicia. Así, con estes datos, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros do Eume e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os Bombeiros confirmaron a excarceración da persoa ferida, que tras ser liberada, foi trasladada polo 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.

Ata o lugar, tamén se desprazou o persoal do servizo de mantemento da estrada que se encargou xunto cos Bombeiros da limpeza da vía.

Comentarios
Lo más