miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un condutor de 40 anos na estrada entre Santiago e Trazo

Falece un condutor de 40 anos na estrada entre Santiago e Trazo
Falece un condutor de 40 anos na estrada entre Santiago e Trazo

A persoa que iba no vehículo, un home de 40 ano, faleceu no accidente pese a que os Servicios de Emerxencia fixeron o que puideron para poder estabilizar e salvalo

Moi preto das dúas desta madrugada un vehículo sufriu unha saída de vía na estrada que une Santiago de Compostela e Trazo, pouco antes da Ponte de Chaian.

A persoa que iba no vehículo, un home de 40 anos vecino de Sigüeiro, faleceu no accidente pese a que os Servicios de Emerxencia fixeron o que puideron para poder estabilizar e salvalo.

Foron axentes da Garda Civil de Tráfico os que informaron do accidente ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112. Solicitaban asistencia médica urxente para o único ocupante do vehículo. 

Así, alertouse decontado aos servizos sanitarios de urxencia, aos Bombeiros de Santiago e á Policía Local e Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más