miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As orixes da fotografía de Galicia, a través de dous fotógrafos que tiñan estudio en Santiago

As orixes da fotografía de Galicia, a través de dous fotógrafos que tiñan estudio en Santiago
As orixes da fotografía de Galicia, a través de dous fotógrafos que tiñan estudio en Santiago

Hoxe mércores preséntase na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas

O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX, unha obra do fotohistoriador Carlos Castelao. Hoxe mércores preséntase na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas. 

No acto estarán, ademais do autor, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo, Juan Conde; xunto ao director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos.

É o máis completo traballo coñecido ata o de agora sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto. Esta obra pioneira achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica en Galicia. Carlos Castelao, de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988, ofrece un traballo rigoroso, moi documentado e enormemente didáctico; ilustrado con máis de 350 imaxes, moitas delas inéditas.

Comentarios
Lo más