O comité de folga dos PAC anuncia as medidas que tomará tras a ruptura de negociacións
06:30 27/02/19
06:30 27/02/19
Tomarán medidas de acciçon despois de rexeitar a proposta do SERGAS
O comité de folga dos puntos de atención continuada (PAC) anunciará hoxe mércores, día 27 de febreiro, as medidas que tomará tras a ruptura de negociacións.
Desde o comité lembran que o pasado día 18, a maioría do persoal (60 %) rexeitou a proposta presentada polo SERGAS. Posteriormente, a Administración pechou as negociacións na mesa sectorial que tivo lugar ese mesmo día á tarde.