miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares denuncian o estado da rúa Canteira de Sar

Os populares denuncian o estado da rúa Canteira de Sar
Os populares denuncian o estado da rúa Canteira de Sar

Tras queixas de veciños, os Populares puideron comprobar “in situ” que o firme e a beirarrúa atópanse moi deteriorados

O Grupo Municipal do Partido Popular advirte do crecente deterioro da rúa da Canteira de Sar na súa confluencia coa rúa do Mouronzón, onde existen varias fochancas dun considerable tamaño nun curto tramo e precisan ser arranxar de forma urxente.

Así mesmo, tras queixas dos veciños da zona, o Grupo que dirixe Agustín Hernández, puido comprobar “in situ” que distintos tramos de beirarrúa atópanse totalmente desfeitos, cuestións que cómpre abordar para recuperar a seguridade e o confort para o tráfico rodado e peonil.

A rúa da Canteira é unha zona de tránsito moi empregada, ademais de pola veciñanza residente, por moitas persoas que procuran un itinerario alternativo para circunvalar a zona urbana no traxecto entre Lamas de Abade, o barrio de Angrois e a rúa do Cruceiro de Sar.

"Esta situación non é máis que un novo exemplo da situación na que se atopan algunhas rúas de Santiago, que contan cunha total falta de mantemento desde principio de mandato do Goberno de Martiño Noriega, que non parece ter entre os seus obxectivos principais o mantemento en condicións de beirarrúas e estradas", aseguran os populares

O Grupo Popular leva catro anos denunciando este tipo de situacións e considera "inaudito o desleixo que mostra o Goberno de Compostela Aberta á hora de actuar nestas situación, nas que os cidadáns sofren as consecuencias", polo que desde o equipo de Populares reitéraselle á Administración municipal o seu deber de velar para poñer disposición todos os medios materiais e persoais posibles para tratar de reducir este tipo situacións.

Comentarios
Lo más