Chegan a chuvias a Compostela
08:00 27/02/19
08:00 27/02/19
En Compostela a temperatura mínima chegará aos 10ºC e a máxima ata os 17ºC
Unha fronte asociada a unha borrasca localizada ao noroeste de Fisterra achegarase a Galicia nas primeiras horas deste día.
Iso significa que agardamos unha xornada de ceos parcialmente cubertos con chuvias febles, máis probables na metade oeste.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios, pero as máximas descenderán notablemente, xa que a fronte arrastrará aire atlántico máis frío. En Compostela a temperatura mínima chegará aos 10ºC e a máxima ata os 17ºC.
Os ventos soprarán frouxos do suroeste, con algún intervalo forte no litoral atlántico.