O Grupo de Cidades Patrimonio lanza novo material promocional en todo o mundo
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou nestas xuntanzas xunto con outros concelleiros e concelleiras das 15 Cidades Patrimonio
As Comisións de Turismo e Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuníronse en Madrid para impulsar as novas accións que se van a levar a cabo ata o mes de xuño, entre as que destacan a edición dun novo folleto de promoción turística das cidades, en colaboración con Turespaña; a presentación das Cidades do Grupo no mercado chinés, a posta en marcha da segunda fase do Observatorio de Turismo ou a potenciación do Festival Escena Patrimonio, un evento cultural pioneiro en España, no marco da Noite do Patrimonio.
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, participou nestas xuntanzas xunto con outros concelleiros e concelleiras das 15 Cidades Patrimonio. En materia turística, entre as accións que se van impulsar ata o mes de xuño atópase o novo folleto de promoción turística do Grupo, en colaboración con Turespaña, que se vai a publicar en nove idiomas (castelán, inglés, francés, alemán, italiano, portugués, ruso, xaponés e chinés) e se vai a difundir nas Oficinas de Turismo de España en todo o mundo, ademais de estar accesible en todas as plataformas e dispositivos en formato dixital.
A estratexia de promoción turística das Cidades Patrimonio da Humanidade céntrase de forma inminente no mercado chinés, cunha viaxe que se vai realizar dende o 31 de marzo ao 4 de abril, e inclúe workshops en Shanghai e Pequín. Ademais, a aposta do Grupo polo mercado europeo vai continuar nas feiras de turismo ITB de Berlín (6-10 de marzo) e no Salón Mondial du Tourisme de París (14-17 de marzo).
A posta en marcha da segunda fase do Observatorio Turístico é outro dos retos que afronta o Grupo Cidades Patrimonio nos próximos meses, tras a firma do convenio coa Secretaría de Estado de Turismo, o pasado 23 outubro, que subvenciona con 30.000 euros a realización desta segunda fase.
Ademais, a produción e gravación da cuarta tempada da serie de RTVE sobre as Cidades Patrimonio da Humanidade é outro dos grandes obxectivos, con Baeza, San Cristóbal de la Laguna, Tarragona e Úbeda como últimos escenarios da serie de 15 documentais que conforman este ambicioso proxecto artístico e tecnolóxico de RTVE e o Grupo de Cidades Patrimonio.
Deporte e Cultura
Na Comisión de Cultura acordouse reforzar con compañías de vangarda oFestival Escena Patrimonio, un evento único en España, coa danza contemporánea en espazos históricos como protagonista. Celébrase no marco da II edición da Noite do Patrimonio, que terá lugar o 21 de setembro nas 15 cidades, con apertura de espazos patrimoniais e actividades culturais.
Ademais, o II Circuíto de Carreiras será noticia ata final de ano con 15 probas que se desenvolverán nas Cidades Patrimonio. Arrinca o próximo día 10 de marzo en Mérida coa Media MaratónMérida Patrimonio da Humanidade, e conclúe o 7 decembro de 2019, con Cursa Popular Eivissa Patrimoni de la Humanitat. As carreiras cobren distancias que oscilan entre os 10 km e a Media Maratón, e das 15 que integran o Circuíto será necesario finalizar polo menos catro delas para optar á clasificación final.
Entre o calendario de actividades culturais do Grupo para os próximos meses tamén destaca o VI Ciclo de Música de Cámara que, organizado en colaboración coa prestixiosa Escola Superior de Música Raíña Sofía, levará entre abril e maio os mellores grupos deste centro de alta formación a palacios, museos, igrexas e catedrais das 15 cidades.