A EMMA quenta motores para o concerto de Entroido do venres
O venres terá lugar o tradicional concerto de Entroido da Escola na Casa da Cultura do Milladoiro. A partir das 19.30 horas, os alumnos e alumnas ofrecerán un variado repertorio que vai dende clásicos pop ata música clásica e bandas sonora
O edificio multiusos de Aldeanova acolle esta semana unha audición de canto e outra de piano para que o alumnado da EMMA poida amosar ás súas familias e amizades o traballo desenvolvido e os avances conseguidos dende o inicio do curso. Asemade, o venres terá lugar o tradicional concerto de Entroido da Escola na Casa da Cultura do Milladoiro. A partir das 19.30 horas, os alumnos e alumnas ofrecerán un variado repertorio que vai dende clásicos pop ata música clásica e bandas sonoras.
A Escola Municipal de Música de Ames quenta motores para o concerto de Carnaval coa realización de dúas audicións, nas que os alumnos e alumnas da escola mostrarán ante os asistentes todos os avances realizados dende o comezo do curso. Así, a primeira destas sesións terá lugar hoxe, martes 26 de febreiro, ás 18.30h na aula 10 do edificio multiusos de Aldeanova.
Durante a velada, os estudantes de canto interpretarán un total de 18 pezas musicais individuais e un combo de voces final interpretado por oitos rapaces e rapazas. Entre o amplo repertorio que se poderá escoitar haberá, entre outras, cancións clásicas do repertorio pop en castelán como Clavado en un bar de Maná, Son mis amigos de Amaral ou Besaré el suelo otra vez de Luz Casal; e pezas contemporáneas como Feel it still de Portugal the man, I’m a mess de Bebe Rehxa.
O xoves, por outra banda, terá lugar unha segunda audición a partir das 17:00 horal na aula 7 do mesmo edificio. Nesta ocasión, o protagonista será o piano, no que unha vintena de alumnos e alumnas da escola tocarán unha serie de cancións de diversos estilos e épocas.