miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rematan as obras de humanización do cemiterio municipal do Piñeiro

Rematan as obras de humanización do cemiterio  municipal do Piñeiro
Rematan as obras de humanización do cemiterio municipal do Piñeiro

O investimento total desta obra ascendeu a preto de 61.500 €, cantidade aboada con parte do remanente de 2017

O Concello de Ordes vén de rematar recentemente a mellora e remodelación levada a cabo no cemiterio municipal do Piñeiro. O investimento total desta obra ascendeu a preto de 61.500 €, cantidade aboada con parte do remanente de 2017.

Unhas obras de humanización que supuxeron a pavimentación de máis de 1.000 metros cadrados de superficie con formigón, a colocación de lousado de granito e de bordos de formigón prefabricado, ademais da instalación do sistema de recollida de pluviais.

Esta intervención levouse a cabo en dúas fases. A primeiras delas, na que se completou o 60% de todo o proxecto, rematouse xa a finais de outubro, co fin de poder celebrar nas mellores condicións os actos de homenaxe ao Soldado Lois na festividade de Todos os Santos.

Comentarios
Lo más