miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dous lumes activos en Ourense están a arrasar con máis de 20 hectáreas cada un

Dous lumes activos en Ourense están a arrasar con máis de 20 hectáreas cada un
Foto de archivo
Dous lumes activos en Ourense están a arrasar con máis de 20 hectáreas cada un

Un deles é no Carballiño e o outro na Mezquita

A través da rede social Twitter, Medio Rural informa dun incendio que está activo no Concello de O Carballiñó.

O lume comezou sobre as 16:00 horas desta tarde e, segundo as estimacións de Medio Rural, afecta a unhas 20 hectáreas. Para extinguilo traballan catro brigadas, tres axentes, tres motobombas e un helicóptero.

Tamén se atopa activo outro incendio no Concello de A Mezquita que tamén leva abarcadas 20 hechtáreas. Este lume detectouse sobre as 15:00 horas na parroquia de Castromil. Na extinción traballan dous axentes e dúas brigadas con dous camións motobomba e un helicótero. 




Comentarios
Lo más