miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha muller sofre diversas queimaduras debido a unha queima descontrolada en Entrimo

Unha muller sofre diversas queimaduras debido a unha queima descontrolada en Entrimo
Foto de archivo
Unha muller sofre diversas queimaduras debido a unha queima descontrolada en Entrimo

Foron os familiares da ferida quen ás 17:30 horas de hoxe chamaron ao 112 Galicia, alarmados pola falta da muller, que ás 10 desta mañá saíra para realizar unha queima de restos de poda na parroquia da Pedreira

Unha muller sofre queimaduras importantes a causa dunha queima descontrolada de restos de poda en Entrimo.

Tras horas sen noticias da muller, foi localizada á beira das chamas consciente pero con lesións en pernas e tronco, polo que foi evacuada en helicóptero medicalizado ao Hospital de Vigo.

Foron os familiares da ferida quen ás 17:30 horas de hoxe chamaron ao 112 Galicia, alarmados pola falta da muller, que ás 10 desta mañá saíra para realizar unha queima de restos de poda na parroquia da Pedreira. As mesmas persoas acudiron ao lugar para ver que lle ocurrira, pero o intenso fume e as lapas lles impedían acceder. Deste xeito, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, así como dos membros do GES de Lobios, voluntarios de Protección Civil de Lobios e axentes da Garda Civil.

Tamén foi informado o persoal do Distrito Forestal da zona co fin de comprobar o estado da queima, xa que se ben estaba descontrolada, os familiares indicaron que non había risco de propagarse a outras zonas. O que si o lume descontrolado ocasionou lesións importantes á muller, polo que foi trasladada á unidade especializada no Hospital de Vigo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Comentarios
Lo más