Ramón Maceiras López: da esquerda á extrema dereita
Foi militante do BNG e agora simpatizante de Vox
Na vida política de Santiago de Compostela, Ramón Maceiras López era coñecido no ámbito da esquerda e do nacionalismo. Do 1998 ao 2004, foi coordinador de prensa do sindicato nacionalista CIG . Tamén militou no BNG ata o 2004. Incluso, tras a división do BNG, arrimouse un pouco aos inicios de Anova. Despois da súa bagaxe política, agora Maceiras sorprende a os composteláns coa sua presenza nas redes sociais como militante de Vox.
No seu blog persoal, no que comparte reflexións e críticas, sube vídeos como este, no que afirma que "Vox poñerá o freno a 15 anos de calamidades traídas polos Catro Xinetes do Apocalipse (Zapatero, Rajoy, Sánchez e Iglesias)":
Segúndo informa La Voz de Galicia, cando se lle pregunta polo seu cambio político afirma: "En Vox hai moita xente que vén da esquerda e do BNG, de todos os partidos, moitos se sorprenderían: somos unha forza que cre que o marco esquerda e dereita está xa superado, que a guerra territorial conduce ao caos, como vemos en Cataluña, e que as autonomías están a crebar España". "¿Pero onde vai o Bloque con ERC e Bildu? ¿Están de broma? ¡Vanse quedar nos ósos!".
Maceiras é fillo de emigrantes galegos a Venezuela e regresou a Galicia en 1997, para dedicarse á comunicación. Foi alí onde estableceu contacto co nacionalismo galego. Maceiras xa era militante do BNG de Venezuela e tamén pertencía á sección bandeira vermella, un grupo maoísta á esquerda de Hugo Chavez. Pero agora considérase un cidadán máis que ve perigar a viabilidade do Estado.