miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Deputación financia con 257.711 euros a segunda fase das obras de reurbanización do núcleo de Ribas, en Teo

A Deputación financia con 257.711  euros a segunda fase das obras de reurbanización do núcleo de Ribas, en Teo
A Deputación financia con 257.711 euros a segunda fase das obras de reurbanización do núcleo de Ribas, en Teo

As obras inclúen a pavimentación das pistas da aldea e a instalación de redes de abastecemento de auga e saneamento ás vivendas que non conten con este servizo

O Plan Único da Deputación da Coruña investirá 257.711 euros na segunda fase das obras de reurbanización do núcleo de Ribas (Oza), no municipio de Teo. O orzamento inclúe unha achega municipal de 5.827 euros e 251.884 € de fondos provinciais.

As obras veñen de saír a licitación na Plataforma de Contratación do Estado e suporána continuidade dos traballos destinados a renovar as rúas interiores no núcleo teense, así como dotar ás vivendas da infraestrutura necesaria para o abastecemento de auga potable e evacuación de augas pluviais e residuais naqueles inmobles que hoxe non dispoñan destes servizos.

As pistas interiores da aldea contarán cun novo pavimento de formigón H-200 con acabado superficial rugoso e delimitado en varios tramos con adoquín. Na pistas máis alonxadas do núcleo de Ribas, as pistas pavimentaranse con mestura bituminosa en quente.

Procederase tamén á construción da rede de abastecemento de auga potable, unha rede de recollida separativa de augas pluviais e residuais e a instalación da canalización para o soterramento das liñas de suministro eléctrico.

Comentarios
Lo más