miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Pacientes do CHUS, asociacións profesionais e usuarios presentarán o mércores as carencias da área sanitaria de Santiago-Barbanza

Pacientes do CHUS, asociacións profesionais e usuarios presentarán o mércores as carencias da área sanitaria de Santiago-Barbanza
Pacientes do CHUS, asociacións profesionais e usuarios presentarán o mércores as carencias da área sanitaria de Santiago-Barbanza

Con este informe quérese abrir un debate social sobre as graves deficiencias dun servizo testemuñal e sen impacto efectivo sobre o proceso de rehabilitación da gran maioría da poboación afectada

Representantes de nove asociacións de pacientes e usuarios e de colexios profesionais presentarán o informe elaborado conxuntamente e no que analizan o deterioro e carencias dos servizos integrais de rehabilitación da área sanitaria de Santiago-Barbanza dos que depende as 448.000 persoas que viven nos 46 concellos que a conforman.

As entidades que participaron na súa elaboración foron a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, a delegación en Galicia da ANDADE (Asociación Nacional de Amputados de España), UGADE (Unión Galega de Epilepsia), Sarela (Asociación de Dano Cerebral de Compostela), Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia, Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Partindo dos obxectivos e recomendacións da OMS (Organización Mundial da Saúde) e do Libro branco europeo da rehabilitación, analizan o actual modelo de atención –condicionado desde 2012 polas políticas de austeridade- e defenden un novo de carácter multidisciplinar.

Tamén cuantifican as carencias e necesidades en especialidades como logopedia, terapia ocupacional, fisioterapia, psicoloxía clínica, persoal especializado en psicomotricidade, medicina neurorehabilitadora e traballo social para un territorio, o da área de xestión de Santiago-Barbanza, na que residen 448.000 persoas.

Algúns exemplos da infradotación de profesionais, e que se exporán no acto público, son:

- A necesidade cumprir a ratio recomedada pola OMS de ter 1 fisioterapeuta por cada 1.200 habitantes. Hoxe, por exemplo, no CHUS hai 4 fisioterapeutas para unha poboación de 384.000 persoas asignadas ao mesmo.

- Inexistencia de profesionais de profesionais de Terapia Ocupacional no CHUS para rehabilitación física de adultos, considerados fundamentais por exemplo para a rehabilitación de persoas amputadas ou con dano cerebral adquirido.

- Ausencia de logopedas integrados no Servicio de Rehabilitación do CHUS como parte do equipo multidisciplinar para a atención dos pacientes derivados ó citado servicio e dos pacientes hospitalizados.

-Outro exemplo é a necesidade de aumentar o cadro de psicólogos clínicos ata acadar a media europea de 18 profesionais por cada 100.000 habitantes fronte á proporción actual de 4 profesionais por cada 100.000 habitantes.

- Dotación de 2 especialistas en traballo social, para velar do cumprimento efectivo dos dereitos dos nenos e nenas recollidos na Convención sobre os dereitos do neno da Nacións Unidas de 1989.

Con este informe quérese abrir un debate social sobre as graves deficiencias dun servizo testemuñal e sen impacto efectivo sobre o proceso de rehabilitación da gran maioría da poboación afectada que, por este motivo, se ve obrigada a acudir aos servizos externos privados e soportando así unha nova discriminación por razón da doenza con vulneración do principio de equidade no acceso.

Comentarios
Lo más