UGT organiza hoxe unha asemblea de delegados procedentes de toda Galicia
Intervirán os secretarios xerais de UGT-Galicia e de FeSMC estatal e a responsable de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais do Sindicato
UGT-Galicia convoca hoxe, día 26, a partir das 11.00 horas, no edificio Cersia (rúa Alcalde Raimundo López Pol) en Sanago, unha asemblea de delegados e delegadas procedentes de toda Galicia.
Esta asemblea encádrase dentro da campaña que está a desenvolver UGT en todo o Estado, con múlples actos e asembleas, para analizar e poñer enriba da mesa solucións a unha serie de retos, avanzar na recuperación dos dereitos perdidos; cumprir cos compromisos xa acadados, como o IV AENC ou os acordos raficados no eido do diálogo social co Goberno; a necesidade imperiosa de derrogar a maioría das reformas impostas polo anterior Execuvo do PP, como a reforma laboral ou a de pensións; e avanzar en materia de igualdade.
Precisamente, neste último aspecto avanzarase todo o relavo ao 8 de Marzo, Día internacional da muller, tanto no relavo á folga convocada como a outros posibles actos de cara a celebrar esta data.
Para analizar todos estes temas, intervirán na asemblea o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez; a secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais de UGT-Galicia, Mónica Rodríguez; e o secretario xeral da Federación estatal de Servizos, Mobilidade e Consumo, Miguel Ángel Cilleros.