Bascuas reúnese coa directiva de FERUSA
Bascuas: “A gobernabilidade só será posible cos partidos que asuman o Pacto polo Rural”
Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e membros da directiva de FERUSA mantiveron un encontro no que trataron as demandas, inquedanzas e distintas actuacións pendentes no rural de Santiago, que a día de hoxe aínda non dispón de servizos básicos como o saneamento e abastecemento de auga.
Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual das dintintas parroquias e, de xeito paralelo, traballar no documento do pacto polo rural . Entre os problemas máis relevantes, destacan a falta de suministro de auga e de saneamento así como unha insuficiente, e nalgúns casos inexistente, rutas de transporte público
Outras das demandas que se fai dende FERUSA e a recollida de lixo que non cumpre coas necesidades da poboación así como a falta de investimento en alumeado público ou accesos peonís.
Dende Compromiso valoran moi positivamente a xuntanza e apoia as reivindicacións que fan dende FERUSA e, ao mesmo tempo, que seguen a traballar para mellorar a situación do rural "Bascuas indica que chegado o momento non facilitará a formación dun goberno a quen non firme o pacto polo rural".