A Xunta presenta un espectáculo coa compañía acusada polo PP de Santiago de recibir "contratos a dedo"
O PP de Santiago revelou hai varias semanas que o goberno de Compostela Aberta adxudicou 16 contratos menores por un importe que roldaría os 60.000 euros a persoas vinculadas co alcalde
A Xunta e o Concello de Santiago presentaron este luns a estrea de "Carpe Diem", o novo espectáculo da compañía galega Producións Teatráis Excéntricas.
Esta é unha das compañías sobre as que o Partido Popular de Santiago pide investigar a súa relación co Executivo local da cidade por supostos contratos a dedo.
O PP de Santiago revelou hai varias semanas que o goberno de Compostela Aberta adxudicou 16 contratos menores por un importe que roldaría os 60.000 euros a persoas vinculadas co alcalde e outros membros do Executivo local.
Entre estes contratos denunciaron un precisamente con esta compañía teatral de Quico Cadaval.
AS ACUSACIÓNS DO PARTIDO POPULAR
Segundo denunciou o PP, polo menos 16 contratos concedidos a familiares ou afíns do gobieron de Compostela Aberta. Os populares pregúntanse se é a punta do iceberg e apuntan ao alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega como responsable último.
"Coa súa parella, Noriega levantou a veda da contratación de parentes" indicou Brunete. «Foi o pioneiro do neonepotismo da Administración pública que está a ser secundado por membros do seu goberno». O concelleiro non cuestiona a legalidade dos contratos, senón se se axustan á ética pública. Asegura que "a marea de Composela Aberta debe dar explicacións".
Demandan "que demostre a necesidade dunha contratación externa neses casos" e de que "era necesaria para o interese público a contratación desas persoas", porque "se están transferindo rendas dos composteláns a familiares do goberno". Insiste en coñecer "en cantas ocasións foron beneficiados familiares ou parentes" do goberno de CA, de forma directa ou indirecta: con sociedades participadas por achegados ou con outras onde eses achegados estean subcontratados, mercantil ou laboralmente, por empresas que "previamente asinaron convenios ou recibiron contratos municipais".
Entre os contratos cuestionados polo PP está o de Producións Teatrais Excéntricas, empresa vinculada a un familiar dunha edila de CA. Fálase dunha actuación de 2018 de Quico Cadaval coa sombra dás palabras cuxo importe foi 605 euros. A maior parte ddas contratacións aludidas polo PP levoullas a empresa 7H Sociedade Cooperativa Galega, de mediación e creación cultural. Entre finais do 2015 e maio do 2018 facturou case 58.000 euros en 14 contratos e que os populares vinculan coa irmá doutra edila.
Pola súa banda, a empresa 7 H Sociedade Cooperativa Galega, de mediación e creación cultural asegurou tras as denuncias do PP: "Vos proxectos sempre foron en réxime de concorrencia competitiva e plenamente transparentes. Ningún contrato foi directo nin adxudicado a dedo".