O Peleteiro feminino gaña ao Vilagarcía mentres que o masculino perde por pouco contra o Betanzos
Os partidos foron o domingo ás 19h, o feminino en Montouto e o masculino en Betanzos
SENIOR FEMININO
Encontro e resultado: Peleteiro Café bar Alba 81 – CLB Vilagarcía 64
Competición: 1-º autonómica
Xornada: 16ª
Lugar e hora: Montotuo, domingo ás 19:00 h
Parciais: 28-21; 20-9; 19-22; 14-12
5 Inicial: Lucia, Andrea, Sara Carreira, Carmen Willisch y Clara Domínguez
Xogaron e anotaron: Andrea 11; Carmen Pardo 5; Sara Padín 2; Lucía 10; Sara Carreira 8; Clara 20; Carmen W 8 ; Paula García 2, Cris; Iria 11; Paula Lamas 1.
Unha nova vitoria de Peleteiro Café Bar Alba que o consolida na quinta plaza. Esta vez, a costa do CLB de Villagarcía.
Dende o primeiro minuto, Peleteiro foi sempre por diante no marcador, dominando o partido e con 28 puntos de anotación no primeiro cuarto foi deixando constancia de que a súa intención era gañar o partido con claridade.
No segundo cuarto, Peleteiro apretou en defensa y chegaron ao descanso cun 48 a 30. O equipo local xogaba con rapidez, resolvía con xogadas vistosas en contraataques o en xogo posicional, cunha gran aportación das xogadoras interiores, tanto na anotación como na creación de xogo.
No terceiro cuarto Peleteiro chegou a ter 24 puntos de vantaxe e ao final alzouse coa vitoria cun claro 81 a 64.
SENIOR MASCULINO
Encontro e resultado: Santo Domingo Betanzos B 65- Peleteiro Frutas Barreiro 57
Competición: 2º División masculina.
Xornada: 15º Liga Regular.
Lugar e hora: Betanzos, domingo ás 19:00.
Parciais: 15-14//16-14//18-10/
5 Inicial: Mauro, Pedro, Ramón, Antón e Carlos.
Eliminados: .
Xogaron e anotaron: David Pazo (23), Antón (2) Pedro (2), Carlos Nogueira (6), Antón Moure jr.(9), Raviña (7), , Mauro (2), Ramón (4), , Pablo Míguez jr (2), Sergio F. (lesionado), Soriano (lesionado),Vicario (lesionado).
Dura, aínda que merecida derrota en Betanzos porque tardamos case tres cuartos en meternos no partido e aínda que ao final se intentou non foi suficiente.
O inicio de partido foi pésimo, sen intensidade nin concentración. Ao parcial de 10-1 pasamos a un 15-14 despois dos cambios que saían máis afinados,
No segundo cuarto mellorabamos algo en defensa pero en ataque non atopabamos boas opcións. Ademais seguiamos con demasiados erros de concentración, polo que chegabamos ao descanso 3 abaixo.
O terceiro cuarto foi de novo moi malo. A ansiedade non non deixaba ler o partido e cometiamos moitos erros que aproveitaban os betanceiros para abrir unha fenda de 14 puntos.
No último cuarto cun cambio defensivo e o acerto, de novo de David Pazo (con 17 puntos neste cuarto), nos metía no partido pero xa sen tempo para cometer erros. A falta dun minuto tivemos unha tripla para poñernos a un punto pero non entrou e os de Betanzos se levaron o triunfo.
Para a vindeira semana non hai liga e volvemos a saír á Illa de Arousa, o sábado 9 ás 20:00, para enfrontarnos ao equipo de dita localidade. Moito imos ter que cambiar, sobre todo no aspecto mental ou este final de liga vaisenos facer moi duro.
Saúdos.