O Santiago Futsal recupérase no descanso ligueiro
13:48 25/02/19
13:48 25/02/19
Comezarán esta tarde os adestramentos e mañá para descansar durante o resto da semana
O Santiago Futsal comeza hoxe pola tarde unha semana atípica dentro do seu calendario ligueiro.
A xornada 22 da Segunda División da LNFS dá paso á disputa da Copa de España en Valencia e os xogadores do Santiago Futsal poderán gozar duns días de recuperación extra.
Os celestes adestrarán o luns e o martes, dando descanso ao persoal ata o vindeiro luns, cando se recuperarán os adestramentos con normalidade para preparar o partido en casa contra o Barcelona B Lassa.