O pleno do concello de Santiago rexeitou unha proposta do PP para loitar contra a "okupación"
Tamén se pedía o reforzo das condenas asociadas aos delitos de usurpación, co endurecemento das penas e unha maior rapidez no proceso xudicial
Unha iniciativa do Partido Popular debatida no Pleno municipal, que non prosperou pola postura contraria dos demais grupos, trataba de dar resposta a crecente e alarmante situación de indefensión que se está a xerar pola ocupación ilegal de vivendas e á necesidade de garantir o dereito á propiedade, a seguridade de persoas e bens e a convivencia social,
Para iso, propoñíase o impulso dunha iniciativa lexislativa a nivel estatal que permitira, entre outras medidas, o desaloxo por parte da Policía da vivenda ocupada ilegalmente nun prazo de horas, sen necesidade de esperar varias semanas ou meses como ata o de agora e un reforzo do delito de usurpación que disuada este tipo de ataques contra a propiedade.
Fronte á pasividade e ata permisividad que se manifesta nalgúns ámbitos, trataríase de evitar situacións como as que se teñen rexistrado, por exemplo, na nosa propia cidade, en vivendas de distintas zonas (Roláns, Pontepedriña, Belvís, O Carme, San Lourenzo, Cruceiro do Gaio, Algalia da Arriba ou o caso máis recente do Pexigo de Arriba e de Abaixo). "A pesar destas evidencias, o Goberno de Compostela Aberta negou o apoio á iniciativa porque “non ten obexcto da realidade social de Compostela”", aseguran os de Agustín Hernández.
Precisamente, os populares denunciaban na súa iniciativa que “o Concello de Santiago dedicouse nos últimos tempos a aplaudir unha usurpación da propiedade“ que non é xustificable en ningún caso”, porque “cando hai unha ocupación ilegal adoita haber un acto delictuoso. Non pode ser que unhas supostas políticas de cambio se baseen en considerar a ocupación ilegal como unha situación tolerable ou admisible.”
Os populares pretendía que se abordaran “de forma clara” os casos de ocupación ilegal, moitas veces con fins mafiosos e con destino a actividades delituosas, e “impidir que os okupas se intenten amparar en regañas legais para cometer ese atentado contra a propiedade privada”. Con ese fin, demandan que os axentes interveñan dentro do espazo ocupado ilegalmente para proceder ao desaloxo nun prazo de horas, o reforzo das condenas asociadas aos delitos de usurpación e a axiliación do proceso penal para xulgar este tipo de delincuencia.
A nova normativa estatal debería facultar tamén ás comunidades de propietarios, cando os ocupantes ilegais realicen actividades prohibidas ou molestas ou incívicas, para garantir a correcta convivencia veciñal.
Os populares fan fincapé en que non se trata de regular os desafuizamentos hipotecarios nin de arrendamento, nin de regular os coñecidos como “precarios” –alugueiros sen soporte contractual pero consentidos polos propietarios- e que a nova norma debería manter a salvagarda para os casos de persoas en situacións de emerxencia social ou especial vulnerabilidade habitacional que teñen a súa protección definida noutras normas xa vixentes.