As Novas Xeracións valoran positivamente as últimas medidas do Consello da Xunta
Para a organización xuvenil dos populares galegos estas medidas son un claro exemplo da aposta do goberno autonómico pola mocidade
Novas Xeracións do Partido Popular de Galicia valoran de forma moi positiva as últimas medidas anunciadas no Consello da Xunta de Galicia do pasado xoves.
Para a organización xuvenil dos populares galegos estas medidas son un claro exemplo da aposta do goberno autonómico pola mocidade, a cal se ve favorecida pola confianza nos estudos de formación profesional cun centro pioneiro en Ourense e a continuación no programa de Tarxeta Xente Nova, que permite viaxar gratis aos menores de 19 anos.
O Centro galego de innovación e FP de Ourense supón un motor de innovación, creatividade e talento para o alumnado e profesorado da ensinanza FP que impulsará o desenvolvemento industrial, incorporando novas tecnoloxías e dotando ao tecido produtivo de capital humano cualificado.
As Novas Xeracións de Galicia tamén destacan o seu emprazamento na cidade de Ourense, trala negativa do goberno socialista de Vigo, máis interesado en facer de Vigo unha cidade de neon que en abrir Vigo ao futuro da man da súa xuventude.
As mocidades do PPdeG valoran o esforzo da Xunta de Galicia en avanzar cara unha formación de calidade e innovadora, que adapte as novas xeracións á nova industria 4.0 o que fará que as empresas galegas poidan contar con persoal cualificado.
Para o presidente das Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo; apostar pola FP e apostar a cabalo gañador, xa que os datos que acompañan aos estudantes que acaban os ciclos formativos son extraordinarios, cun incremento da inserción laboral de máis de 30 puntos nos últimos 4 anos, chegando a case un 91% dos titulados no curso 2016/17 en FP Dual.
Tamén destacan que case o 66% dos alumnos titulados desempeñan a día de hoxe un emprego relacionado co ciclo formativo que estudaron.
A Formación Profesional é garantía de emprego e de futuro, e supón un elemento dinamizador da economía galega. Para Pardo destaca tamén o alto grado de satisfacción con estes estudos, onde 8 de cada 10 alumnos aseguran estar satisfeitos cos estudos realizados.
A outra gran iniciativa que valoran dende Novas Xeracións é a prórroga do Goberno galego ao Plan de transporte metropolitano da Coruña, Santiago, Lugo, Vigo e Ferrol ata o ano 2020.
Un plan que entre outros beneficios inclúe a Tarxeta Xente Nova, que permite viaxar de forma totalmente gratuíto aos menores de 19 anos e do que se beneficiaron máis de 45 mil mozos e mozas que viron mellorar a súa forma de viaxar nas contornas destas cidades.
Para Pardo, estas dúas medidas reflexan “dúas formas de xestionar: a primeira a da Xunta de Galicia, con medidas que traballan en prol da xuventude galega e que representan futuro para a nosa xeración; e a outra a do Goberno socialista, que ten máis preocupación pola conciliación do sono do Presidente Sánchez e do que poda comer nas súas frecuentes viaxes en Falcon que en traballar pola mocidade española, a cal non se viu beneficiada por ningunha medida do goberno do PSOE nestes 8 meses”.