miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falecen dous mozos en Noia tras quedar atrapados no seu vehículo nun accidente

Falecen dous mozos en Noia tras quedar atrapados no seu vehículo nun accidente
Falecen dous mozos en Noia tras quedar atrapados no seu vehículo nun accidente

Os ocupantes atopábanse inconscientes e o vehículo quedara en moi mal estado

Un mozo e unha moza faleceron esta madrugada tras quedar atrapados ao sufrir un accidente mentres circulaban no seu vehículo ao paso pola parroquia coruñesa de Santa Mariña do Obre.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, ao fío das 5:15 horas da madrugada de hoxe, un turismo chocou contra unha vivenda ao saírse da vía na AC-550, á altura do punto quilométrico 74. Os ocupantes atopábanse inconscientes e o vehículo quedara en moi mal estado.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron en marcha un operativo que contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Boiro, dos membros do GES de Brión, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos voluntarios de Protección Civil de Noia e tamén avisouse ao servizo de mantemento da estrada por se fose necesaria a súa colaboración na limpeza da vía.

Tras as labores de excarceración, as vítimas foron atendidas polos servizos sanitarios de urxencia que realizaron, sen éxito, as manobras de reanimación pertinentes. 

Comentarios
Lo más