miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares visitan aos veciños da parroquia de Lavacolla

Os populares visitan aos veciños da parroquia de Lavacolla
Os populares visitan aos veciños da parroquia de Lavacolla

Os veciños explicáronlle ao dirixente Popular a situación do Camiño de Santiago ao seu paso por esa parroquia santiaguesa, que supón un punto turístico de gran relevancia e se atopa moi descoidado

O presidente do Partido Popular e candidato á alcaldía visitou onte a parroquia de Lavacolla, onde os seus veciños denunciaron que, nos últimos catro anos a penas recibiron melloras por parte do Goberno de Compostela Aberta.

Durante a xuntanza, fixéronlle chegar a Hernández un detallado informe sobre as carencias da parroquia, entre as que destaca a falta de saneamento e abastecemento, ademais de soportar unhas pistas en estado de abandono que soportan unha importante carga de tráfico. Así mesmo, denunciaron a existencia de numerosas fochancas, a falta de limpeza das gabias e de rozas na tempada que corresponden.

Outra das reclamacións dos veciños de Lavacolla e a necesidade de executar beiravías na antiga estrada cara Lugo (N-634) que foi transferida ao Concello en época dos “Gobernos de progreso” e que neste momento está totalmente abandoada, polo que esixen a construción de beiravías e unha mellora do firme.

En materia de impostos, Agustín Hernández destacou o seu compromiso por levar acabo unha mellora fiscal para os santiagueses, que terá unha especial incidencia nos veciños do rural, que entre outras vantaxes, poderán contar cunha baixada no recibo do IBI e recibir bonificacións do 45 ao 90 % por carencia de servizos básicos.

CAMIÑO DE SANTIAGO

Os veciños de Lavacolla lembran que a súa parroquia sofre un importante abandono, a pesar de ser a máis gran de de Santiago e unha das máis poboadas, ademais de ser escenario da entrada do Camiño de Santiago máis transitado.

Así mesmo, os veciños explicáronlle ao dirixente Popular a situación do Camiño de Santiago ao seu paso por esa parroquia santiaguesa, que supón un punto turístico de gran relevancia e se atopa moi descoidado.

Agustín Hernández comprometeuse coa veciñanza a facer os trámites necesarios coa Xunta de Galicia para que acometa accións complementarias nesta zona, sobre todo, tendo en conta que o Goberno galego está a executar un Plan de mellora dos Camiños a súa entrada en Santiago.

Por outra banda, Hernández indicoulles que o seu equipo leva tempo traballando nun Plan para o rural que recolla as necesidades das parroquias de Santiago, con disintas medidas que suporán un impulso para o rural santiagués, compaxinando a modernización destas zonas e a explotación dos seus recursos naturais.

Comentarios
Lo más