Evacuada unha persoa tras chocar o seu vehículo contra o muro dunha casa en Teo
O suceso tivo lugar na parroquia San Xoán de Calo sobre as 7:00 horas
Unha persoa tivo que ser trasladada ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago tras colidir co coche no que viaxaba contra o muro dunha casa na localidade de Pedreira, parroquia coruñesa de San Xoán de Calo.
Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia poucos minutos antes das 7:00 horas da mañá de hoxe para informar dos feitos. No seu relato, precisaba que o condutor – e único ocupante do vehículo – tras a colisión, encontrábase liberado.
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, pasouse a información ao 061-Urxencias Sanitarias, aos membros do GES da Estrada e á Garda Civil de Tráfico.
Finalmente, o ferido foi trasladado en ambulancia polos servizos sanitarios de urxencia.