miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O compostelano Alén Tarrío do restaurante Pampín, un dos cinco finalistas do Fórum Gastronómico

O compostelano Alén Tarrío do restaurante Pampín, un dos cinco finalistas do Fórum Gastronómico
Fonte: Twitter @PhilippeRegol
O compostelano Alén Tarrío do restaurante Pampín, un dos cinco finalistas do Fórum Gastronómico

Pódese votar na páxina web do Fórum Gastronómico

Alén Tarrío, chef compostelano do restaurante Pampín, é un dos cinco finalistas galegos que compiten na final do Fórum Gastronómico para levarse o título de Mellor Cociñeiro. O Fórum terá lugar entre o 10 e o 12 de marzo en A Coruña e o nome do gañador coñecerase na primeira sesión do evento. Segundo indican os organizadores do evento, con este galardón recoñécese a labor dos cociñeiros emerxente que ofrecen propostas culinarias de calidade, utilizan productos de proximidade e fan unha cociña sostible.

Os finalistas son, ademáis de Alén Tarrío do restaurante Pampín de Santiago, Víctor Fernández do Morro Fino en Vigo, Adrián Fuentes do Abisal de Vigo, Carlos González do Merenzao de Sober (Lugo) e Gerson Iglesias da Adega das Cladas en Ourense. E o gañador do certame será o que consiga máis votos na votación popular. Os cinco finalistas cociñarán en directo no salón culinario o 10 de marzo.


Comentarios
Lo más