miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira abre o prazo para inscribirse para o obradoiro de artes plásticas para maiores

Ribeira abre o prazo para inscribirse para o obradoiro de artes plásticas para maiores
Ribeira abre o prazo para inscribirse para o obradoiro de artes plásticas para maiores

Esta iniciativa que terá como docente un ano máis ao artista Fernando Yáñez, terá lugar durante os meses de marzo, abril, maio e xuño no Espazo Xuvenil

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Riveira abre o prazo para o Obradoiro de Artes Plásticas incardinado no Programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores.

Esta iniciativa que terá como docente un ano máis ao artista Fernando Yáñez, terá lugar durante os meses de marzo, abril, maio e xuño no Espazo Xuvenil (edificio do mercado municipal) con clases os martes e os xoves en horario de 11:00 a 13:00 horas.

Nesta edición, o proxecto educativo xirará en torno ao cubismo, utilizando como referencia diferentes creacións de Picasso, Braque ou Juan Gris.

No transcurso da actividade, os asistentes recrearán diferentes obras, entre elas un mural elaborado de xeito colectivo actualizando un dos bodegóns de Juan Gris, mestre de Cubismo Analítico.

Ao rematar as clases organizarase unha exposición final durante o mes de xuño no que se exhibirán os distintos traballos realizados.

Comentarios
Lo más