Os alumnos de Psicoloxía organizan os Premios Huarte á Excelencia Docente
Será o vindeiro 28 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón Nobre do Pazo de Fonseca
O Comité Organizador dos Premios Huarte á Excelencia Docente, formado polos alumnos do último curso da Facultade de Psicoloxía da USC, organizarán o vindeiro 28 de febreiro, ás 20:00 horas, unha Gala no Salón Nobre do Pazo de Fonseca para recoñecer a valiosa labor dos nosos docentes durante estes catro anos.
O obxectivo desta iniciativa, nunca feita ata o de agora, xorde da falta de repercusión das enquisas de valoración feitas ata o día de hoxe pola Universidade. Por iso, os estudante afirman que se ven na necesidade de que aqueles profesores que destacan pola súa docencia sexan recoñecidos dunha forma pública e especial, xa que os premiados son elexidos polos seus propios alumnos.
Esta primeira edición dos Premios Huarte consiste nunha Gala formal, na que se entregarán seis galardóns correspondentes ás seguintes categorías:
- "Premio Huarte á Mellor Didáctica nas Clases Expositivas"
- "Premio Huarte á Mellor Didáctica nas Sesións Interactivas"
- "Premio Huarte á Mellor Docencia Participativa"
- "Premio Huarte ao Mellor Fomento da Apredizaxe de Competencias Transversais"
Ademais destes, entregaremos dous galardóns de carácter especial que serán revelados no propio día da Gala.