Educación ambiental para os nenos e nenas de Ames
Nestas charlas explícaselle ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a importancia de separar o lixo en orixe, así como a reciclaxe do aceite doméstico
A Concellaría de Medio Ambiente está realizando unha campaña de educación ambiental en relación a reciclaxe do aceite doméstico, que consiste nunha serie de charlas que está impartindo o persoal da empresa Compostela Inserta, contratada polo Concello de Ames, nos CEIP de Barouta, Agro do Muíño, e A Maía.
Nestas charlas explícaselle ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a importancia de separar o lixo en orixe, así como a reciclaxe do aceite doméstico. Para iso entregáselle un embude a cada un dos nenos, para facilitar a reciclaxe nos fogares, e un mapa coa distribución dos colectores de aceite que existen no termo municipal.
No pasado mes de decembro a Concellaría de Medio Ambiente puxo en marcha unha campaña co obxectivo de favorecer a reciclaxe do aceite doméstico. Para iso repartíronse embudes co obxectivo de facilitar a reciclaxe deste produto desde os fogares. Ditos embudes pódense recollerse na oficinas do departamento de Medio Ambiente, situadas na Casa do Concello, en Bertamiráns; e na conserxería da Casa da Cultura do Milladoiro.
Con esta campaña búscase concienciar á poboación da importancia da reciclaxe do aceite doméstico, diminuír a carga contaminante nos ríos e mares e rendabilizar o funcionamento das depuradoras. Asemade, quérese facer fincapé na importancia de que sexa precisamente o aceite usado unha das formas de fabricar biodiésel, carburante menos contaminante.
Agora, dáse un paso máis dentro desta campaña para fomentar a reciclaxe do aceite doméstico entre o alumnado dos colexios de Ames. Deste xeito, a semana pasada impartíronse unha serie de charlas nos CEIP de Barouta e Agro do Muíño, para explicarlle ao alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria a importancia de separar o lixo en orixe, así como a reciclaxe do aceite doméstico.
Estas mesmas charlas vanse a impartir esta semana entre o alumnado do CEIP da Maía. Ao final da actividade entrégaselle un embude a cada un dos nenos/as, para facilitar a reciclaxe nos fogares, e un mapa coa distribución dos colectores de aceite que existen no termo municipal.
As charlas de sensibilización son impartidas a través do persoal da empresa Compostela Inserta. O obxectivo de dita campaña é fomentar que o alumnado tome conciencia e comence a facer unha xestión eficiente dos residuos, en especial do aceite, e impulse a toda a familia a implicarse na reciclaxe.