miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Licitan as obras de pavimentación en Insuela e Rioazor en Palmeira

Licitan as obras de pavimentación en Insuela e Rioazor en Palmeira
Licitan as obras de pavimentación en Insuela e Rioazor en Palmeira

As empresas interesadas en presentar propostas dispoñen ata o 7 de marzo

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación destinada á pavimentación das rúas Insuela e Rioazor, ambas situadas na parroquia de Palmeira.

O orzamento deste contrato (que forma parte do Plan complementario ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal – POS+ 2017) ascende a 117.612 euros e o seu prazo de execución son dous meses.

As rúas obxecto desta intervención posúen un pavimento bastante deteriorado nalgúns tramos, polo que se persegue mellorar o seu firme actual pavimentándoas cunha nova capa de aglomerado asfáltico de 6 centímetros de espesor, previo fresado do pavimento actual.

As empresas interesadas en presentar propostas dispoñen ata o 7 de marzo.

Comentarios
Lo más