miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ábrese o prazo para as votacións do certame aRi[t]mar na categoría de música galega e portuguesa

Ábrese o prazo para as votacións do certame aRi[t]mar na categoría de música galega e portuguesa
Foto de arquivo
Ábrese o prazo para as votacións do certame aRi[t]mar na categoría de música galega e portuguesa

No último trimestre do ano os gañadores participarán nunha Gala de actuacións e entrega de premios en Santiago de Compostela

O certame aRi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela abre o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as dez músicas portuguesas e galegas finalistas.

As persoas que queiran participar poden votar a través da web do aRi[t]mar até ás 23:59 h do día 20 de marzo, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros. As músicas finalistas desta edición son as galegas: Solpor (Baiuca), Sobran as palabras (Dakidarría), Fronteiras (Guadi Galego), Déixaas (Mercedes Peón), Cultura crítica (Nao), Non é ficción (Pauliña), A cabalo (Sofía Espiñeira), Un día (Son Trío), Que non mo neguen (Tanxugueiras) e A casa do terror (Xoán Curiel e A banda do verán) e as portuguesas: Sem Palavras (António Zambujo), Avião de papel (Carolina Deslandes),Nasty (D.A.M.A), O Melhor Presente (Luisa Sobral), Tempestade (Márcia), Quem me dera (Mariza), Efeito do Observador (Os Azeitonas), A Terra Gira (Os Quatro e Meia), Grão da Mesma Mó (Sérgio Godinho) e Estradas no Céu (Valas).

aRi[t]mar é um proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente à Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín.

Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

Coa organización da Equipa de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos de galego e de portugués, durante o ano lectivo trabállanse de forma didáctica os textos e as músicas e, posteriormente, escóllense mediante votación online as mellores cancións e poesías editadas en Galiza e en Portugal no ano anterior, neste caso, em 2018. No último trimestre do ano os gañadores participarán nunha Gala de actuacións e entrega de premios en Santiago de Compostela.

Comentarios
Lo más