miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames e Acción contra a Fame renovan o programa de axuda á creación de negocios

Ames e Acción contra a Fame renovan o programa de axuda á creación de negocios
Ames e Acción contra a Fame renovan o programa de axuda á creación de negocios

Durante o 2018, un total de 70 persoas recibiron o apoio de Vives Emprende, das cales 42 foron veciñas e veciños de Ames

O pasado 19 de xaneiro o alcalde de Ames, José Miñones, e maila xestora de programas de Inclusión Sociolaboral en Galicia e Asturias, Susana Quintas, asinaron a renovación do convenio subscrito en 2017 entre o Concello e maila organización Acción contra a Fame. 

Dita sinatura supón a renovación do programa Vives Emprende, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con emprego precario que desexen emprender, especialmente a mulleres. Durante o 2018, un total de 70 persoas recibiron o apoio de Vives Emprende, das cales 42 foron veciñas e veciños de Ames. Delas, 8 amesás xa teñen en marcha o seu negocio.

O acto de sinatura contou tamén coa participación da concelleira de Promoción Económica de Ames, Isabel González, o axente de desenvolvemento local, Jorge Couñago, e maila técnica de emprendemento de Acción contra a Fame, Itziar Villar. 

Así, o convenio contempla a renovación do programa Vives Emprende. O Fondo Social Europeo, a través do POISES 2014-2020, financia este proxecto, para o que o Concello cede os espazos que o albergarán.

Mediante este programa, as persoas desempregadas ou con emprego precario de Ames que desexen emprender como opción para mellorar a súa situación laboral de forma estable e duradeira poden acceder este ano a unha nova edición de Vives Emprende, un programa gratuíto que lles ofrece asesoramento, formación e acceso a financiamento para facer realidade as súas ideas de negocio. 

Ao longo do mes de marzo darase a coñecer a programación dos obradoiros que se impartirán durante este ano. O Vives emprende non deixou de funcionar en Ames, xa que dende o pasado mes de xaneiro impartíronse diversas titorías.

Miñones explicou que “xa é o terceiro ano que se desenvolve o programa Vives emprende no Concello de Ames. Nas edicións anteriores tivo unha moi boa acollida entre os veciños e veciñas e Ames, polo que agardamos que este ano, e é posible, se superen as cifras de usuarios/as de anteriores edicións. O pasado ano 70 persoas recibiron o apoio deste programa e 42 foron veciñas e veciños de Ames. Ademais, 8 veciños e veciñas de Ames xa teñen en marcha o seu negocio”.

Por outra banda, a concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destacou que “a renovación do convenio con Acción contra a Fame é moi importante porque permite continuar co programa Vives Emprende, que apoiará a aquelas persoas emprendedoras no desenvolvemento do seu proxecto de negocio” 

Comentarios
Lo más