Bugallo cualifica como “lamentable” a decisión de non poñer en marcha un novo Xulgado do Social en Santiago
06:30 22/02/19
06:30 22/02/19
O considera imprescindible para resolver o actual agobio e retraso nas salas
O candidato Xosé A. Sánchez Bugallo cualificou como “lamentable” a decisión de non poñer en marcha un novo Xulgado do Social en Santiago, que considera “imprescindible para poder resolver o agobio e retraso con que están funcionando as actuais salas”. A este respecto, amosou Bugallo o seu “apoio pleno” ás demandas dos profesionais e afectados e, en consecuencia, a todas as accións que decidan emprender.
Por outra banda, o candidato anunciou que dende que se enterou da noticia emprendeu as xestións que están ao seu alcance para poder modificar esta decisión.